O geocaching é unha actividade que consiste na busca de “tesouros” a través de coordenadas GPS, unha actividade que conta cun gran número de seguidores e que actualmente rolda os 200 millóns de tesouros escondidos por todo o mundo.
Nun intento por conxugar o espírito do geocaching e o interese por dar a coñecer os recunchos máis fermosos de Santiso, diversos geocachés foron escondidos en diferentes puntos do concello.
O único que tes que facer é:
– Descargar a aplicación “Geocaching”.
– Rexistrarte.
– Comezar a buscar os tesouros!