Servizo Orientación Laboral
O Concello de Santiso dispón dun servizo de orientación laboral, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración formando parte dos Centros colaboradores do Servizo Público de Emprego de Galicia.
En este servizo aténdense ós demandantes de emprego dos concellos de Santiso, Arzúa e Boimorto, que deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.
As actividades que se realizan a través do servizo de orientación laboral son as seguintes:
- Elaboración dun perfil individualizado.
- Titorización individual, asesoramento continuado e atención personalizada.
- Deseño de itinerario ou plan personalizado de actuación adecuado ao perfil da persoa demandante.
- Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral.
- Apoio á xestión da mobilidade laboral.
- Para recibir orientación laboral pódese solicitar expresamente acudindo á oficina de emprego, na oficina virtual o no Concello de Santiso.
Desde o servizo de Orientación Laboral creouse unha páxina de Facebook donde se comparte información que pode ser de interese para todas aquelas persoas que se atopa en búsqueda de emprego:
https://www.facebook.com/p/
