O Concello conta cun departamento de cultura, que se encarga de dinamizar de forma lúdica e educativa o tempo libre e de lecer dos nosos veciños e veciñas, facendo posible unha participación activa entre eles.
A través deste departamento lévase a cabo a planificación e execución dos programas de actividades culturais, que inclúen, entre outras, as actividades extraescolares ofertadas, eventos e actividades pensadas para os nosos maiores, así coma atender calquera actuación cultural que poida surxir de veciños/as, asociacións ou doutras institucións.
Santiso é un concello rico en cultura, conta coa Banda Escola de Música de Visantoña, coa Coral Polifónica de Santiso, co grupo de teatro de Santiso “Os chaos da Balada”, con varios grupos de música tradicional entre os que destacan os Gaiteiros da Ponte e Fol da Chousa, a charanga Os amigos de Visantoña e varias asociacións culturais coas que colabora o concello e que organizan numerosos eventos, obradoiros, cursos e actuacións para o goce dos seus veciños/as.
Todos estes programas desenvólvense nas diferentes instalacións coas que contamos, entre elas destacamos o novo centro cultural, situado en Visantoña e o local do antigo concello, en Arcediago, no que está situada a axencia de lectura.
Concello de Santiso - Agro do Chao, Arcediago
Las cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que el sitio web funcione correctamente. Esta categoría sólo incluye cookies que garantizan las funcionalidades básicas y las características de seguridad del sitio web. Estas cookies no almacenan ninguna información personal.
Cualquier cookie que no sea particularmente necesaria para el funcionamiento del sitio web y que se utilice específicamente para recopilar datos personales del usuario a través de análisis, anuncios y otros contenidos incrustados se denominan cookies no necesarias. Es obligatorio obtener el consentimiento del usuario antes de utilizar estas cookies en su sitio web.