Saúdo do Alcalde
Manuel Adán López
Alcalde de Santiso
Estimados veciños e veciñas:
Aproveitando a oportunidade que nos brindan as novas tecnoloxías da información, queremos que esta nova canle de información entre nós e os veciños, sirva para facer máis áxiles as vosas xestións, e as novas que se produzcan cheguen de forma inmediata.
Nos tempos difíciles que corren, é a nosa prioridade manter os servizos sociais e aumentar as axudas aos máis desfavorecidos.
Tamén pretendemos dinamizar os ámbitos económico, cultural, social e deportivo a través dos distintos programas que estamos desenrolando.
Queremos, en definitiva, que a través de esta fiestra, os veciños de Santiso, os visitantes e os que se atopan na diáspora, poidan coñecer mellor o noso Concello e as actividades que nel se levan a cabo.
Benvid@s a Santiso.