Información para os usuarios do rexistro de bens
– O concello non se fai responsable de vicios ocultos, mala fé ou malas prácticas que sexan imputables a persoa ou empresa que firman a autorización.
– Calquer particular pode usar este servizo creado para bens situados no municipio de Santiso.
– Os contratos que xurdan a partir deste rexistro, son unicamente entre propietario e vendedor ou arrendatario. O concello de Santiso só actúa como mediador entre ambas partes.
– Para dar de alta un ben en dous réximes distintos (venda ou aluguer), hai que facer unha solicitude para cada réxime.
– Para dar de alta un ben será necesario:
- Cubrir e firmar unha autorización facilitada polo concello de Santiso na cal autoriza a publicar os datos de aquel ben que desexa subir ao rexistro creado.
- Fotocopia do DNI.
- Facilitar 3 fotos a este correo electrónico: cristina.tato@santiso.gal indicando os datos do ben ao cal corresponde.