O deporte no concello de Santiso
A aposta do Concello de Santiso polo deporte é ampla e integradora. Con actividades para tódalas idades e xénero. Cunha oferta ordinaria que vai dende as actividades extraescolares ou a ximnasia de mantemento aos maiores, a outras extraordinarias como as rutas en bici, a cabalar ou as rutas de sendeirismo… e para iso contamos con moitos espazos á disposición da veciñanza ademais do noso propio entorno rural:
- Pavillón da Ponte de Arcediago.
- Pavillón de Visantoña.
- Campo municipal de fútbol.
- Pistas abertas de Belmil.
- Pista aberta de San Román.
- Pista de frontenis do Centro Cultural.
- Rutas de sendeirismo homologadas: Sendeiro de Visantoña PRG125 e Sendeiro da Beseña PRG226.
- Piscina municipal de Visantoña.
- Área recreativa da Cornella.
- E parques biosaúdables repartidos por todo o Concello.
Ademais contamos cunha rede de clubs e asociacións deportivas como:
- Unión Deportiva Santiso: con equipos masculinos e femininos.
- Escola Ayude: con actividades deportivas de combate.
- Cabaleiros do Pantano: para os afeccionados aos cabalos.