Outra vida para a túa casa

Vivendas de uso turístico e Vivendas turísticas

Neste mes de novembro seguimos enchendo o programa Santiso en pé de contido.

Poñemos en marcha un novo servizo de asesoramento para todos aqueles interesados en sacar adiante unha Vivenda de Uso Turístico ou unha Vivenda Turística.

Esta opción esta pensada para que propietarios con vivendas en Santiso, que estan sen uso ou parte do ano paradas, poidan poñelas a producir e dalas de alta nesta modalidade. Con pouco esforzo, con pouca inversión e co asesoramento do Concello de Santiso podes sacarlle rendemento a esa casa que de non usala en pouco tempo o abandono apoderarase das súas paredes.

É moi fácil, a maioría das casas valen para dalas de alta. 

Un turismo cada día máis forte no noso Concello, do cal tira o noso patrimonio natural, as nosas rutas homologadas de sendeirismo, as rutas que percorren as nosas parroquias,  fan que Santiso sexa destino de viaxeiros na busqueda de relax, ocio, coñecer o cerne de Galicia ou desfrutar da cultura que cada fin de semana ofertamos neste municipio.

 

Anímate!

Infórmate!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp