23 de abril, Día Internacional do Libro

Para os máis pequeno e pequenas da casa

O Día do libro de Santiso
Que é!?: O Concello de Santiso quere conmemorar o Día Internacional do Libro fomentando a lectura e escritura dos nenos/as do CEIP de Arcediago(PREME).
Por iso propoñemos que todos/as nos escriban un relato pequeno onde nos conten que é o primeiro que van facer cando remate o confinamento. Os máis cativos que aínda non sepan escribir, poden facelo a través dun debuxo.
Estes contos e debuxos serán publicados a través das nosas canles de difusión despois do 23 de abril.

Envía os teus traballos en foto ou pdf ao correo teresa.mato@santiso.gal ou por whatsapp (PREME) ao 639381280.

Anímate!

Un libro de agasallo para cada participante

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp