Estas axudas, no marco do PEL – CONCELLOS OV, do Plan de emprego local da Deputación da Coruña, están destinadas a subvencionar ás comisións organizadoras de festas patronais e populares que por tradición se veñen celebrando en emprazamentos ao aire libre no termo municipal de Santiso, para contratar orquestras para as ditas festas patronais e populares.
A finalidade é axudar economicamente ás comisións de festas para que contraten orquestras para as festas patronais e populares no Concello de Santiso durante o ano 2022, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
Subvención para a celebración de festas parroquiais en Santiso no ano 2022
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
- Publicado:
- Categoría: Outras Novas