Servizo de Atención Temperá

  • QUE É O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ?

Conxunto de intervencións dirixidas á población infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno. O obxectivo é darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

  • QUEN PODE ACCEDER?

A poboación infantil de 0 a 6 anos e as súas familias empadroados/as nos concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar.

  • QUEN PRESTA ESTE SERVIZO?

Un equipo profesional específico conformado por unha psicóloga, logopeda e terapeuta ocupacional.

  • TEN ALGÚN CUSTO?

Non, é totalmente gratuíto.

  • ONDE SE PRESTA ESTE SERVIZO?

No Multiusos de Ponte Queimadas (Lugar de Souto) na praza do velorio.,15806-Toques.

  • COMO PODO SOLICITALA?

A través do servizo de pediatría.

Telefónicamente no número de teléfono 672 167 721, ou ben escribindo ao enderezo electrónico atenciontemperatoques@gmail.com

https://santiso.gal/wp-content/uploads/2022/10/03-Cartel-Web-2127-v3-MODELO-ACTUALIZADO.pdf

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp