SANTISO ESCOITA: Presente e futuro da PAC

O Concello de Santiso organiza o ciclo de charlas Santiso Escoita.
Unha serie de charlas dirixidas ao sector primario nas que buscamos informar aos nosos gandeiros e agricultores de problemáticas concretas coas que se atopan no día a día.
Saindo da línea habitual dunha charla, buscamos un formato no que distintos convidados especializados no tema en cuestión, falaran, darán o seu punto de vista e responderán ás preguntas que os asistentes lles formulen.
Un formato arriscado e novidoso que pretendemos manter no tempo xa que creemos que en ocasións hai falta de información, información errónea ou líñas de información moi distantes dependendo da fonte da cal proveñan. Dende o Concello de Santiso buscamos os distintos puntos de vista de problemáticas concretas, despois serán os veciños os que teñan que sacar as conclusións que crean máis acertadas.

Neste ciclo de charlas convidamos a todolos partidos representados no Parlamento Galego, representantes da Xunta de Galicia, así coma a distintos axentes sociais vincualdos o agro galego.

Nesta ocasión contamos con Óscar Vilar, representante do PSdG-PSOE, Jorge Piñeiro representando a Xunta de Galicia, a Isabel Vilalba, secretaria Xeral do SLG e a Roberto Garcia, Secretario Xeral de UUAA.
Cada relator contara con duas quendas. A primeira duns 5 minutos e en segunda volta duns 3 minutos para rematar.

Para esta primeira edición o tema a tratar será o presente e futuro da PAC, e o que leva asociado, como é a aplicación de purins, o que pode afectar a nova lei de movilidade de terras, etc..

Os nosos gandeiros teñen preguntas e necesitan respostas, tentemos que os convidaos poidan aclaralas.

VENRES DÍA 6 DE MARZO
ÁS 22.00 H
NOVO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VISANTOÑA(Santiso)

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp