O Concello de Santiso continúa coa súa aposta pola xestión sostible dos residuos e pon en marcha unha nova fase da campaña de compostaxe doméstica. O obxectivo é seguir mellorando o tratamento do lixo municipal, reducindo o seu volume e os custos asociados á recollida, transporte e tratamento.
Se estás interesado nesta iniciativa agora podes unirte. O programa de compostaxe doméstica permíteche transformar os teus residuos orgánicos en abono de primeira calidade para a túa horta ou xardín.
Para participar, só tes que apuntarte no Concello. As persoas inscritas recibirán:
Unha xornada de formación sobre como facer compostaxe na casa.
Un kit completo de compostaxe composto por: un composteiro doméstico, un caldeiro para separar os residuos na cociña, un imán de neveira de correcta separación e un manual de compostaxe.
Asesoramento técnico individualizado para resolver calquera dúbida.
Así, podédesvos unir as mais de 100 vivendas do noso municipio que xa están a facer compostaxe doméstica.
Ademais, nas próximas semanas realizaranse visitas de seguimento por parte de persoal autorizado a todos os composteiros xa instalados, para verificar o seu bo funcionamento e ofrecer apoio no que sexa necesario.
