O Concello de Santiso recibiu unha subvención por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
O proxecto subvencionado consiste na «Mellora da eficiencia enerxética da casa do Concello». O importe investido para este proxecto foi de 149.951,77€, o cal foi financiado cunha achega do 80 % e cun valor de 119.026,98€

