O Concello de Santiso, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, vai implantar o quinto contedor para a recollida selectiva da materia orgánica.
Colocaranse contedores deste tipo por todo o municipio. Estes contedores teñen por obxecto o depósito daqueles residuos orgánicos para convertilos nun compost de alta calidade.