Elaboración do PACES

 

 

Dende o Concello de Santiso, a través da adhesión ó Pacto das Alcaldías para o clima e a enerxía, temos o compromiso de: 

  • Reducir as emisións de CO2 (e, posiblemente, outras emisións de gases de efecto invernadoiro) no concello nun 40 % como mínimo de aquí a 2030, en particular a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables.
  • Aumentar a súa resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.

 

O Concello de Santiso quere axudar a «Frear o cambio climático» e traballa na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), dito plan está sendo elaborado coa colaboración e asistencia técnica entre Foresín  e o propio concello, e está financiado integramente con cargo a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que conta con financiación europea a través do Fondo FEDER,  baixo o lema «Unha maneira de facer Europa».

 

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp