Curso de froiteiras

Despois de que o pasado sábado día 8 asistiran a presentación do proxecto «Rescatando froiteiras» máis de 20 persoas, e logo de que este xoves  se quedara pequeno o segundo andar do Concello Vello,  na charla sobre árbores froiteiras, con case 70 veciños e veciñas neste acto,  quedounos claro que:

1-  Aos nosos veciños e veciñas lles gusta a fruticultura

2- Temos que seguir apostanto por esta liña

Coa boa experiencia que nos deixou Francisco Otero, contamos coa súa colaboración e sacamos adiante este curso sobre fruticultura en xeral, no que se falara de poda, enxertos e coidado en xeral das nosas plantas.

 

TOMA NOTA:

  • 10, 11, 12 de marzo

  • De 17.30 a 20.00

  • 25€ por persoa

  • Inscribirse antes do día 3 de marzo

  • Límite de prazas

 

 

 

 

 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp