O Concello de Santiso e Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes) acordamos a realización dunha campaña informativa sobre a recollida selectiva do lixo, desenvolvendo o Convenio Marco de colaboración establecido entre a Xunta de Galicia e Ecoembalajes España, S.A. para a recollida selectiva dos envases lixeiros.
A partir do próximo mércores 28 de abril, un equipo de informadores ambientais recorrerá o termo municipal porta por porta explicando, a quen se encontre na casa, os distintos tipos de residuos a depositar nos distintos tipos de contedores dispoñibles no Concello.
Entregarase tamén un folleto informativo onde aparece a listaxe de residuos que se poden depositar en cada contedor.
Lembren que nos contedores amarelos hai que depositar:
· As botellas e envases de plástico: Botellas de auga, refrescos, leite, etc. Envases de produtos de limpeza. Xeles de baño, colonia e xampú. Envases de manteiga e de iogur. Bandexas de cortiza branca. Envoltorios de plástico (de madalenas, galletas, etc.). Bolsas de patacas fritas, aperitivos, golosiñas. Bolsas de plástico dos comercios.
· Os envases metálicos: Latas de conservas (tomate, atún, sardiñas, mexillóns, etc.). Botes de bebidas. Bandexas de aluminio. Aerosois. Tapóns metálicos de botellas, de frascos, etc.
· Os envases de brik: Envases brik de zumes, leite, viño, batidos, caldos…
Ademais, no Concello disponse de:
· Contedores azuis para os envases de cartón, papel, periódico e revistas.
· Iglús verdes para as botellas de vidro, frascos e tarros de vidro.