Compostaxe doméstica en Santiso

O Concello de Santiso desenvolve, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 100 vivendas do termo municipal.

Os veciños e veciñas interesados en adherirse á campaña e adquirir un composteiro, de forma totalmente gratuíta, poderán solicitalo de forma presencial nas oficinas do concello ou telefonicamente no 981 81 85 01.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp