1 de Outubro, Día Internacional das Persoas Maiores

Como cada ano, e dende  1990, o 1 de outubro celebrase o Día Internacional das Persoas Maiores, e o Concello de Santiso non quere esquecerse de quen foron, son e serán referentes nas nosas vidas e aos cales lles temos que dar grazas por esa forza e ánimo que trasmiten.

Para este Concello, as persoas maiores e dependentes son unha prioridade, e todolos días estamos ao dispor de quen precise dos nosos servizos e da nosa atención. Uns servizos que nos convertiron en referentes na comarca coa posta en marcha da casa do maior e das horas que adicamos a axuda no fogar.

 

1 de outubro
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp