Santiso en Marcha – Excursión a Portugal

O pasado día 30 de Outubro, veciñas e veciños de Santiso desfrutaron dun día de lecer dentro do programa Santiso en Marcha.

A pesares das inclemencias metereolóxicas a choiva deunos un respiro para poder desfrutar dunha mañá de compras no mercado de Valença do Minho para rematar a nosa estadía en Portugal cun xantar típico da terra.

 

Despois da sobremesa, tivemos a oportunidade de facer un pequeno percorrido por Tui e descubrir o seu fermoso casco antigo.

Un bo xeito de rematar unha estupenda xornada!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp