Primeira fase Patrimonio de Santiso

Comeza unha nova campaña promovida dende o Concello de Santiso para poñer en valor o patrimonio que podemos atopar no noso municipio.

A campaña que leva por nome «Patrimonio de Santiso» comezou ca colocación, por parte dos operarios do concello, de paneis explicativos e de sinalización de diferentes recursos patrimoniais que neste caso están situados na ruta de sendeirismo PR-G 226. O obxectivo é que tod@s coñezamos o patrimonio que nos rodea para poder valoralo e conservalo. Esta campaña continuará  ca colocación de novos paneis en outras puntos de interese. Agradecer a colaboración tanto do proxecto abeancos.gal (@abeancos.gal )pola información prestada e tamén a colaboración altruísta por parte do Museo da Terra de Melide e dos seus traballadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp