Nova ruta para coñecer San Román

Os veciños de San Román, a través da Asociación Alverde, comparten con nós esta ruta para dar a coñecer a súa parroquia.

O roteiro lévanos a través dun val que forman dous regatos: o Boente e o Alverde. O inicio do percorrido atopámonos a igrexa de San Pedro de San Román; mais adiante podemos visitar o castro de San Román un dos mais grandes e mellor conservados da zona. Descendemos a continuación a ribeira do río Boente. Merece a pena recorrer unha derivación que nos leva a varios muíños e fervenzas.
Seguiremos hasta Vilardomonte e percorreremos despois un antigo camiño real medieval, achegarémonos hasta a mámoa de Alverde e mais adiante hasta o castro das Varelas. Pasaremos moi preto da casa natal de Mateo Segade Bugueiro e volveremos ó punto de inicio.

Preme aquí para descargar a ruta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp