Abre a oficina de turismo do noso concello

A Oficina de Turismo de Santiso reabre as súas portas.

Desde o Concello de Santiso @concellodesantisooficial informamos da reapertura da nosa Oficina de Turismo, un espazo pensado para dar a coñecer o mellor da nosa terra: a súa paisaxe, a súa historia e a súa xente.

Horario de atención ao público:

De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.

O noso persoal estará dispoñible para atender consultas e facilitar información de interese tanto presencialmente como a través do correo electrónico turismo@santiso.gal e das nosas canles oficiais.

Convidamos a veciñanza e visitantes a achegarse e descubrir Santiso, un recuncho da Galiza que conserva a esencia do rural, onde a natureza, o patrimonio e a hospitalidade van da man.

Esperámosvos! Santiso é o que andabas buscando!

Canles oficiais:

https://instagram.com/turismodesantiso

https://www.facebook.com/Turismo-Santiso-728862607305964/

Santiso é o que andabas buscando!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp