Ximnasia de mantemento e obradoiros de memoria

Santiso, un concello vivo, no que os veciñ@s manteñense activos ao longo de todo o ano, algo importante no que o Concello colabora.

Unha das ferramentas que o Concello de Santiso pon ao dispor da veciñanza son as actividades puntuais, a ximnasia de mantemento e os obradoiros de memoria.

Un servizo gratuito, que comeza o día 1 de outubro, mantendo os horarios así como as parroquias nas que o ano pasado se ofrecía este servizo.

XIMNASIA

Luns e xoves en Arcediago de 9.45 a 10.45 e en Visantoña de 11 a 12

Martes e venres en San Román de 10 a 11 e en Beigondo de 11.15 a 12.15

MEMORIA

Luns en Visantoña de 9.45 a 10.45 e en Arcediago de 11 a 12

Martes en San Román de 9 a 10

Venres en Beigondo de 10.15 a 11.15

ximansia-e-memoria-en-santiso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp