Volvemos a facer deporte?

RECOMENDACIÓNS ADAPTACIÓN AO EXERCICIO EN SANTISO
– Maiores de 14 anos.
– Non hai restrición horaria no noso concello, pero a actividade física non pode durar máis de 1 hora.
– Evita saír no tempo en que poidas coincidir con moitas persoas.
– Mantén e extrema as normas hixiénicas e de protección recomendadas.
– Realiza as accións previas e posteriores á actividade (mobilidade, quecemento e estiramentos) na casa. Evitando así tocar mobiliario urbán.
– Polo teu propio ben e polo o dos demais, evita cuspir.
– Se prudente e intelixente na duración e intensidade do teu exercicio. Despois deste tempo confinados, o noso corpo, musculatura, articulacións e a nosa mente non son nin están nas mesmas condicións que cando comezamos. Dálles tempo e cariño aos tendóns e ligamentos para que se vaian adaptando á realidade.
– Evitar exercicio a alta intensidades.
– Recomendable seguir facendo exercicios de forza e mobilidade como parte da rutina de exercicios e procurando facelos na casa.
– No caso de ter patoloxías: consulta co teu médico.
– Evita accións que poidan ser lesivas e que obriguen á asistencia sanitaria para manter despexado os centros sanitarios.

Con atención e respeto, podemos ir cambiando as rutinas sen sufrir unha recaída e sen poñer a ninguén en risco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp