O concello de Santiso pon ao dispor dos amantes da bicicleta as rutas homologadas e os roteiros preparados para percorrer en bicicleta.
Este concello súmase a campaña promovida polo GDR Ulla-Tambre-Mandeo para a promoción do cicloturismo na comarca. Sendo o concello con máis km de ruta homologada non queremos perder esta oportunidade e colaborar coas ferramentas que temos ao noso dispor.