EUROVELO, RUTA NÚMERO 3
A RUTA DOS PEREGRINOS
EuroVelo é unha rede de 15 rutas ciclistas de larga distancia que conectan e unen todo o continente europeo.
En España a ruta número 3 percorre as rexións de Navarra, A Rioxa, Castilla e León e Galicia, uns 3600 km para gozar da bicicleta.
Esta Ruta sigue principalmente, o trazado do Camiño Francés. Percorrido moi variado que comeza no Pirineo Navarro, para ir baixando ata o río Ebro e despois adentrarse nas extensas planicies agrícolas da chamada “Tierra de Campos” castelan leonesa, antes de subir ós atractivos montes do Bierzo leonés e terminar no territorio galego que nos levaran ata Santiago de Compostela.
No noso Concello percorre a CP- 4603,dende Melide ata o límite con Arzúa pasando polo Cruce dos Oitos.