MedioAmbiente+Deporte:

A nosa paixón polo deporte, as ganas de aventura e unha forte devoción pola natureza misturáronse para dar a luz unha carballeira na que poderemos gozar destes tres praceres.

A devandita touza está moi próxima a Área Recreativa de A Cornella. Un espazo vivo que, pouco a pouco, irá nutríndose de novos contidos. Un lugar paradisíaco, aberto, no que, aproveitando os desniveis do terreo, se creou un pequeno circuíto para a iniciación ao trail, modalidade esta que mestura deporte e natureza e que goza de moito seguimento no noso Concello.

Un recanto, en definitiva, pensado para todos os públicos e no que, a pesar do novo enfoque, se pretende manter viva a esencia natural coa que foi concibido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp