Adestra a túa saúde.

O Concello de Santiso pon en marcha o programa «Adestra a túa saúde», unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo fomentar o exercicio e o benestar das persoas maiores de 60 anos mediante a práctica regular de actividade física.

A través deste programa, as persoas sedentarias de máis de 60 anos serán derivadas dende o centro de saúde ao promotor deportivo municipal. Este realizará unha avaliación individualizada do seu estado físico e elaborará un plan de exercicio personalizado, adaptado ás necesidades e capacidades de cada persoa participante e atendendo ás instalacións e recursos existentes no municipio.

O seguimiento dos participantes realizarase durante nove meses coa idea de incorporar o exercicio físico aos seus hábitos cotiáns.

O promotor deportivo atenderá as persoas participantes no programa nas instalacións do concello e as citas fixaranse só dende o centro de saúde, polo que o Concello de Santiso recomenda consultar co médico de familia no caso de algunha persoa queira beneficiarse do programa.

Con esta iniciativa pretendese promover un estilo de vida máis saudable.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp