A Escola Ayude de Santiso segue facendo historia. Desta volta, ARÓN AYUDE, é o protagonista.
O consello superior de deportes deulle a condición de deportista de alto nivel (DAN), por todos os méritos conseguidos como membro da selección española de kickboxing, convertindose no primeiro deportista galego en conseguir a máis alta consideración neste deporte a nivel nacional, ademáis de ser tamen o primeiro galego, integrante da selección nacional absoluta. Tales méritos veñen outorgados polo consello superior de deporte (CSD) en recoñecemento a toda a progresión deportiva e polos éxitos conseguidos coa sección nacional de kickboxing.
Esta consideración chega no momento no que a secretaria xeral do deporte galego, xa o tiña recoñecido como deportista galego de alto nivel ( DGAN) de loita olímpica, disciplina na que tamen representou a España en varios torneos internacionais. Con estas consideracions DAN en kickboxing (Consello superior de deportes) e DGAN en loita olímpica (Secretaria xeral de deporte), convirtese no primeiro deportista da historia do deporte galego en conseguir simultáneamente estes recoñecementos en dous deportes distintos.
Sen dúbida, unha noticia moi importante para el kickboxing nacional e para o gallego particularmente, ó ser un exemplo para os novos deportistas de Santiso e de Galicia, que a través da Escola Ayude queren chegar ó máis alto no mundo do deporte.
Noraboa!