Bases Selección Peón/oa inscrito/a en Garantía Xuvenil 2025

O Concello de Santiso presentou a oferta de emprego ante a Oficina de Emprego de Melide. O Servicio Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes.

As persoas mozas candidatas interesadas deberán presentar a instancia xunto coa documentación requirida ata o 26/11/2025, no rexistro xeral do Concello de Santiso ou ou nas formas establecidas no artigo 16.4, na disposición transitoria cuarta e na disposición final sétima da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

 

Serán requisitos específicos:

A)Cumprir os 16 anos de idade ou ter a idade que a convocatoria estableza como mínima, (neste caso, seguno artigo 29.2 da orde de convocatoria, deberán de ter cumpridos os 18 anos), antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non exceder a idade establecida como máxima para o ingreso segundo o sinalado pola citada orde.

B)Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.

C)Estar inscrita como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

D)Non ter traballado ou recibido accións educativas ou formativas o día natural anterior á data de sinatura do contrato.

 

Denominación PEÓN/A
Núm. de vacantes 1
Xornada Xornada Completa
Duración do contrato 9 meses

 

Para ver as bases completas: Bases

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp