O Rexistro de Bens do Concello de Santiso é unha iniciativa nova nesta comarca que xa leva funcionando tempo noutras zonas de Galicia e do centro de España. Propietarios de casas, granxas e fincas situadas neste municipio, poden anunciar de balde os seus bens nesta páxina (pincha aquí) e aproveitar os servizos que desde o Concello poñemos ao dispor dos propietarios e demandantes.
Interesados e poboación en xeral poden contactar cos propietarios das casa, fincas ou granxas para pedir máis información e datos de interese.
Calquera das dezasete parroquias de Santiso pode albergar a túa segunda vivenda, unha pequena explotación coa que sacar un soldo extra ou ter unha finca na que cultivar os teus propios produtos.
Con iniciativas coma esta, Concellos pequenos coma Santiso, dan os primeiros pasos nun camiño que cada vez se fai máis escuro e longo. O despoboamento no rural, que desde fai tempo está en boca de todos, énche follas de xornais e fai que os políticos anuncien medidas estrela, necesita unha base na que comezar esta andaina que ten como meta a recuperación do rural. Esta base é CREER NO RURAL!