Proxecto Frankesntein, vida a un aparato morto

Porque todo merece unha segunda oportunidade, esta é a razón pola que nace este proxecto. Unha iniciativa dividida en varias fases, na que o final do proceso os veciños e veciñas de Santiso terán ao seu dispor unhas instalacións para o seu uso, e uns coñecementos para usar no día a día.

Na primeira fase adecuamos un local como taller, onde os usuarios e usuarias poderán dar uso de diferentes ferramentas para arranxar todo tipo de aparellos do fogar ou mesmo restaurar mobles ou pezas de metal.

Ao mesmo tempo, ofrecemos uns talleres de formación, cos cales ofrecemos coñecementos básicos para pequenos arranxos no fogar, correxir avarias de electrodomésticos e restaurar pezas de metal ou madeira.

E por último, abrimos un local de intercambio de obxectos, roupa, xoguetes, apeiros de labranza, ferramentas, ou utensilios do fogar.

En resumo, a través deste proxecto queremos crear unha comunidade concienciada coa recuperación e a reciclaxe. 

 

Para poñelo en marcha o Concello recibiu unha  achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  de  15.698,73 euros  a través das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente – PIMA residuos.

 

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp