O programa Santiso en Pé, segue adiante coas iniciativas creadas para axudar a que este pequeno Concello se manteña con vida.
Neste caso, poñemos en marcha o Rexistro de Bens, onde se incluen granxas, casas e terreos, en rexime de aluguer ou venda.
Con cubrir unha solicitude, os propietarios destes bens situados en Santiso, poderán expoñelos na web municipal sen custo, facilitando a búsqueda aos interesados en ter unha segunda casa, un terreo onde cultivar unha horta, unha finca onde relaxarse ou unha pequena granxa onde sacar un sobresoldo.
A segunda fase deste rexistro, contempla unha axuda económica, asi como unha campaña de asesoramento e fomento sobre o aluguer de casas e granxas, para que estas manteñan o seu valor ou mesmo o incrementen.
Máis información no Concello ou pinchando aquí.