Nace o concurso Aldeas Vivas!

Porque o esforzo e o traballo teñen que ter recompensa…, nace Aldeas Vivas!

Un concurso froito do empeño deste Concello por manter as parroquias cheas de vida. Con esta iniciativa buscamos activar, premiar e fomentar a participación veciñal mantendo un dos nosos piares, a cercania coa veciñanza.

O obxecto concréto do concurso é que un mínimo de tres e máximo dez veciños de diferentes núcleos de poboación, poidan agruparse coa finalidade de levar a cabo, de forma voluntaria e gratuita accións de todo tipo. Obras consistentes na limpeza, mellora, equipamentos, ornamentacions ou recuperación dos paraxes públicos, urbanos e/ou rurais polo que recibirán un premio xa establecido nas bases por esta labor, así coma o recoñecemento público e da veciñanza de Santiso.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 30 de setembro, e as obras  teñen que estar rematadas e certificadas polo equipo técnico antes do 31 de decembro do ano en curso.

Descarga as bases premendo aquí.

 

Deixar pegada na historia da túa aldea ten premio!

 

BASES Aldeas VIVAS!

 

 

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp