Chega unha campaña máis dentro do programa Santiso en Pé.
Desta volta, co lema Coidando de Santiso pretendemos que o noso Concello manteña a súa beleza natural e minimizar o impacto que teñen as campañas de publicidade e promoción de eventos e festas.
O primeiro paso foi crear unha ordenanza municipal que lexislase a colocación de todo tipo de carteis en espazos de dominio público e de propiedade do concello, permitindo facer publicidade pero dun xeito regulado.
Para dar un servizo a empresas, comisións de festa e veciños, vimos de colocar os primeiros soportes publicitarios creados para este fin. Estarán situados por todo o concello, e está permitida a colocación de carteis ou propaganda publicitaria de calquera tipo e sen custe.
Con esta campaña, pretendemos sentar precedente na comarca, e eliminar da nosa paisaxe, árbores con carteis ou contedores do lixo cheos de propaganda, que en poucos casos unha vez pasado o evento é retirada.