Santiso e as Letras

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol no 1910 e finou en Santiago de Compostela no 1990. É unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.

Pasou a xuventude estudantil en Compostela (1926-1932) Alí desenvolveu unha intensa actividade intelectual e política: entrou en contacto co galeguismo artellado arredor do Seminario de Estudos Galegos, do que chegou a ser secretario. Desta época datan as súas primeiras obras literarias: os poemarios Trinitarias e La soledad confusa, en castelán, e Vieiros e O silenzo axionllado en galego.

Durante a guerra e a posguerra (1936-1950). Foi alistado nas milicias republicanas, loitou na defensa da capital e obtivo en Valencia o grao de tenente . Apresado polas forzas franquistas e acusado de «separatista», é condenado a 12 anos de prisión. Despois de cumprir dous anos de cárcere en Xaén, foi posto en liberdade provisoria pero inhabilitado para acceder a empregos públicos.
Este foi o tramo máis longo e decisivo da súa biografía —unha terrible experiencia que rememora vividamente na novela Scórpio.

Xa na súa madurez, pasou a primeira etapa no colexio Fingoi de Lugo e no 1950 gaña o premio de novela galega convocado por Bibliófilos Gallegos coa obra A xente da Barreira, primeira novela en galego publicada na posguerra (1951).

Seguiu un período de plenitude en Compostela (1960-1980), onde se establece como profesor (1965) e gaña a cadeira universitaria de Lingüística e Literatura Galega (1972), esta sería a súa residencia definitiva despois da súa xubilación oficial ata o seu pasamento (1980-1990).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp