Santiso coa lectura

Coincidindo coa semana das Letras Galegas, o concello pon a disposición dos veciños unha caseta con libros situada na área recreativa da Cornella.

Podes collelos de balde, lelos e devolvelos ó mesmo lugar unha vez que se rematen de ler.

As normas son as seguintes:

1. Colle un libro e disfruta lendo.

 

2. Ó rematar devólveo ao seu sitio.

3. Se non o remataches e queres levalo, anotate na lista e cubre todos os datos.

4. Coida os libros e fai un uso responsable.

Son de todos!

 

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp