https://santiso.gal/wp-content/uploads/2022/02/cdg.png
“A peste” é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos en situacións de crise.
A historia conta o que acontece na cidade de Orán, durante unha praga de peste, e os seus habitantes son sometidos a corentena. O traballo céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, en como se enfrontan á praga e buscan sentido á súa situación: primeiro de maneira egoísta , máis tarde, a través do esforzo colectivo. Ao longo dun ano, a praga avanza ata que a controlan e desaparece. A cidade celebra con alegría a fin da peste, agás o doutor Rieux que só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a peste pode volver no futuro.