Nadal en Santiso

Unhas festas con moito contido cultural e festivo nas que cada semana tivemos moitas opcións para escoller, dende o deporte, con partidos dos catro equipos da U.D.Santiso, a teatro da man dos amigos da Asociación Charamela, pasando polo Festival de Nadal da Escola Eugenio Pazos Reyes organizado pola Asociación Cultural Banda-Escola de Música de Visantoña, a Xuntanza de Nadal d@s participantes nas actividades culturais e deportivas do Concello de Santiso, recibimos a visita de Papá Noel que organizou a A.N.P.A  A Xuntanza e na que colaborou o Concello. Celebramos o Campamento de Nadal, desfrutamos dunha edición máis dos Ciclos Estouciñando, asistimos ao Concerto de fin de ano da Coral Polifoníca de Santiso, organizamos un ano máis o xa tradicional Nadal Musical coa asistencia de grupos do Concello.., e para rematar estas festas, a  Asociación de veciños de Visantoña e o Concello de Santiso organizaron as duas paradas que os Reis Magos fixeron no noso Concello, paradas as cales cada ano asiste máis xente de toda a comarca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp