En Santiso, nenos/as e árbores

O concello de Santiso en colaboración co CEIP de Arcediago e a ANPA pon en marcha unha iniciativa que leva o nome QUEN MEDRA MÁIS.

A iniciativa nace coa intención de que os nenos e nenas valoren e coiden as plantas do seu entorno, mimen e respeten a natureza da que eles mesmos forman parte e valoren o entorno no que vivimos tendo como meta principal a conservación do medio ambiente.


Os cativxs de Santiso saben da importancia que ten a convivencia de distintas especies, plantacions de árbores autóctonas con outras variedades, granxas con animais en liberdade , persoas co resto de seres vivos, e creemos que é de vital importancia que eles mesmos vexan o lento que pasa o tempo para unha árbore. E con esta idea nace esta iniciativa, que constara de duas partes, unha de concienciación na que unha persoa lles contara aos nenos as distintas variedades das plantas e propoñeremos traballos no que eles participen, e outra práctica como actividade principal nunha parcela municipal na que cada neno tera a súa árbore, a cal tera que coidar, mimar e vera medrar.

Apadriñar un ser vivo e moito màis que poñerlle unha placa co nome.., o «padriño ou madriña» adquire obrigas e ten como froito a experiencia de medrar a canda el, e todo isto queremos que os nenos e nenas do noso colexio poidan desfrutar deste ben.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp