Concurso virtual de marcapáxinas

A axencia de lectura municipal de Santiso, convoca un Concurso virtual de marcapáxinas. O obxecto deste concurso é o fomento da lectura e promoción da biblioteca no mes no que se celebra o día do libro. Está dirixido aos nenos e nenas do concello (entre 3 e 12 anos) que nos farán chegar ás súas creacións co nome e teléfono de contacto ao departamento de cultura a través das nosas canles de avisos de whatsapp ou a través do correo electrónico teresa.mato@santiso.gal.

Haberá flexibilidade á hora de elexir o tema, sempre que garde relación coa lectura e poderase empregar a técnica que se prefira, tendo en conta a imaxinación e o traballo feito a man. O prazo de envío das imaxes dos marcapáxinas, fíxase entre o día 14 e o 21 de abril.

As obras publicaranse na nosa rede social do Facebook e o marcapáxinas que máis «gústame» teña a día 29 de abril será o gañador dun pack de libros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp