AUTOCINE: O que arde

Autocine en Santiso o venres 21 de agosto ás 22.00 horas no campo da festa de Visantoña.

Filme a proxectar: O que arde.

Hai que reservar a praza antes do 20 de agosto chamando ao Concello de Santiso (981818501).

Funcionamento e normas para o autocine:

  • Co sistema de autocine mantense o sistema de proxección de cinema (pantalla, proxector…) e trasladase o son ao coche particular utilizando unha emisora da radio que se nos indicará ese día na pantalla.
  • Regularase a entrada e saída dos vehículos para que se faga de forma ordenada.
  • Terá unha duración aproximada de 2 horas.
  • En caso de mal tempo, a actividade quedará aprazada ata novo aviso.
  • En relación a seguridade da situación derivada do covid-19, todos os ocupantes dos vehículos que non sexan convivintes, deben usar a mascarilla. Se en algún momento teñen que sair do
    vehículo, farano gardando as distancias e coa mascarilla posta.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp