O deporte no concello de Santiso

A aposta do Concello de Santiso polo deporte é ampla e integradora. Con actividades para tódalas idades e xénero. Cunha oferta ordinaria que vai dende as actividades extraescolares ou a ximnasia de mantemento aos maiores, a outras extraordinarias como as rutas en bici, a cabalar ou as rutas de sendeirismo… e para iso contamos con moitos espazos á disposición da veciñanza ademais do noso propio entorno rural:

  • Pavillón da Ponte de Arcediago.
  • Pavillón de Visantoña.
  • Campo municipal de fútbol.
  • Pistas abertas de Belmil.
  • Pista aberta de San Román.
  • Pista de frontenis do Centro Cultural.
  • Rutas de sendeirismo homologadas: Sendeiro de Visantoña PRG125 e Sendeiro da Beseña PRG226.
  • Piscina municipal de Visantoña.
  • Área recreativa da Cornella.
  • E parques biosaúdables repartidos por todo o Concello.

Ademais contamos cunha rede de clubs e asociacións deportivas como:

  • Unión Deportiva Santiso: con equipos masculinos e femininos.
  • Escola Ayude: con actividades deportivas de combate.
  • Cabaleiros do Pantano: para os afeccionados aos cabalos.