telefono
Turismo Rural en Santiso
Disfruta dunha ampla variedade de casas rurais cun encanto especial.
A Nosa Natureza...
Contactar coa natureza de Santiso farate sentir ben.
Que ver e que facer.
Fervenzas, ríos, regatos, bosques, camiños...
Ríos
Ríos navegables
Arquitectura
Monumentos civís e relixiosos
CAMPAMENTO DE NADAL 2018/201

 

Todos os nenos e nenas inscritos/as no campamento de Nadal de 2018/2019, foron admitidos/as.

Deben realizar o pago na sucursal de ABANCA antes do 20 de decembro de 2018. Este pago será conforme a solicitude de inscrición, indicando o nome completo do neno ou nena.

Para calquera dúbida poden chamar ao concello, 981 818501.

CAMPAMENTO DE NADAL 2018.

O Concello de Santiso volve a organizar o campamento de Nadal , onde se realizarán diferentes obradoiros relacionados coa época do ano na que estamos.

As xornadas de Nadal serán os días 26, 27 e 28 de decembro, e os días 2, 3 e 4 de xaneiro.

Os horarios das actividades serán de 10:30 a 13:30 horas e haberá ruta de autobús se o total de nenos/as nas paradas o permite.

O prazo de inscrición é dende o 26 de novembro ata o 12 de decembro, no rexistro xeral do Concello de Santiso. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello a lista de admitidos, para que fagan o pago correspondente antes do 20 de decembro.

Hai prazas limitadas!

Attachments:
Download this file (folla de inscrición.pdf)folla de inscrición.pdf118 kB
CHARLA PREVENCIÓN DO ICTUS 2018.

EXCURSIÓN A LALÍN 2018.

ENCONTRO DE CORAIS 2018.

Cultura

Deporte